Noticias

Punk-dereta en tempos de Punk-demia

Xa está no mercado Punk-dereta, o poemario bilingüe da escritora Rochi Novoa escrito durante a Punk-demia e que foi merecedor do premio Corcel Negro.

Rosa María Nóvoa Vázquez, coñecida no mundo literario como Rochi Nóvoa, ten unha nova creación dando os seus primeiros pasos. Foi durante os momentos máis duros da «punk-demia» cando xurdiu esta obra que mostra a visión de diferentes mulleres.

Punk-dereta en tempos de Punk-demia

As protagonistas do poemas son mulleres que viven realidades diferentes nun contexto social e sanitario crítico como foi a aparición da pandemia en marzo de 2020. Unha dura realidade mostrada desde a visión de mulleres maltratadas, cun exceso do lívido, desequilibrios mentais ou afastadas do mundo real.

Punk-dereta en tempos de Punk-demia

Punk-Dereta está experimentando unha importante acollida dende a súa publicación. A obra, gañadora do premio no certame Corcel Negro, conta no seu interior con ilustracións que reforzan o traballo literario. Creacións de Chus Láuzara, Bibiana Fernández, Vitória Ilich Ulianov e da propia Rochi Nóvoa dan forma a unha extraordinaria obra.

Para mercar o poemario Punk-Dereta, debemos ir á web http://www.eraseunavez.org/Punk-dereta.

Recoñecementos recentes para Rochi Nóvoa

Nos últimos meses, o traballo de Rochi Nóvoa está a acadar importantes recoñecementos. Ó Corcel Negro acadado por Punk-Dereta, debemos engadir outros galardóns.

  • 3º premio no Leiras Pulpeiro 2020 pola obra «Barazas e sedeños»
  • 1º premio en el Concurso Lasarte Osoria por «6 verdades»
  • Xogos Florais de Ponteareas 2020 por «Primavera Punk»

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba