Colaboraciones

¿Que é o 8M para Ana Belén Vázquez?

¿Que é o 8M para Ana Belén Vázquez? Deputada no Congreso por Ourense

Cando me preguntan si son feminista, sempre me cualifico como feminista en igualdade, unha igualdade en dereitos, deberes e obrigas, unha igualdade real, unha igualdade que non me faga diferente por ser muller e por iso loito cada día.

Lembro unhas verbas de Clara Capoamor na súa defensa do voto feminino que afirmaba “Dejad que la mujer se manifieste como es, para conocerla y para juzgarla, respetad su derecho como ser humano…” Hoxe isto parécenos lonxe no tempo, como si nunca pasara, pero nin tan sequera transcorreron cen anos dende que as mulleres podemos votar, ou menos anos dende que non temos restricións no acceso a educación, abrir unha conta no banco, administrar os bens comúns, formar parte dos Corpos de Seguridade do Estado, etc.

¿Que é o 8M para Ana Belén Vázquez?
¿Que é o 8M para Ana Belén Vázquez?

Das mulleres se esperaba ser boas esposas e boas nais, e pola contra rachamos con eses estereotipos e nos gañamos vivir, nos gañamos un maior acceso a educación superior, un recoñecemento na sociedade, saír do esquecemento para avanzar cara o progreso. Hoxe temos que seguir loitando por esa igualdade que comezaron as nosas xeracións anteriores de mulleres valentes.

É inadmisible negar a violencia contra a muller e a necesidade de loitar contra esa lacra, pero tamén é inadmisible dar pasos disfrazados de modernidade defendendo que os problemas da muller pasen a integrar unha larga lista de diversidades. Por iso este 8 de marzo pido que sexa o da unidade, sexa o da muller. Non debemos dar un paso atrás e debemos lembrar cada 8 de marzo ás mulleres que loitaron porque gozáramos dos dereitos que agora temos e nos seguir loitando por ese legado e por melloralo.

Das mulleres de hoxe para as mulleres de mañá. Quero a miña liberdade e a de tódalas mulleres para acceder as mesmas oportunidades que calquera outra persoa. Feliz 8M Hoxe e Sempre!

Ana Belén Vázquez Blanco – Deputada no Congreso por Ourense

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba