Colaboraciones

¿Que é o 8M para Montse Lama?

¿Que é o 8 M para Montse Lama? Deputada provincial e concelleira en Xinzo de Limia.

O 8M, eu celébroo os 365 días do ano.
Non deixa de ser unha data «sinalada” que nos ensina a aprender do pasado para batallar no presente e avanzar no futuro.

O 8M representa esa loita que as mulleres libramos ao longo da historia para conseguir o que nos merecemos como PERSOAS, nin un dereito máis, nin un dereito menos.

É importante loitar por estes dereitos desde a sinceridade, e reflectindo nos nosos actos as palabras que dicimos. De nada vale predicar, como muller, unha cousa, e facer totalmente a contraria cando temos a posibilidade de CAMBIAR AS COUSAS.

¿Que é o 8M para Montse Lama?
¿Que é o 8M para Montse Lama?

O 8M para Montse Lama é VALENTÍA, RESPECTO, COHERENCIA, INTEGRIDADE E UNHA LEALDADE ABSOLUTA cara calquera PERSOA, independentemente do sexo que sexa, e a que sempre poderá contar coa miña man tendida para AVANZAR E CRECER XUNTAS/OS e acadar esa total igualdade de dereitos.

O 8M para Montse Lama é ter a crenza de que, xuntos, MULLERES E HOMES, seremos capaces de chegar a ter unha sociedade xusta e igualitaria. Que meus fillos, Manuel e María, entendan que non existen loitas de sexos, que isto non é unha loita cara aos homes.

O 8M para Montse Lama é o día de facer entender a importancia de saber rodearse sempre de boas PERSOAS, que nos enriquezan, que aporten, que sumen, PERSOAS quizais, máis capaces ca nós, pero esa é a ACTITUDE pola que debemos LOITAR, por non mostrar envexa do que brille máis ca nós, senón admiración e bos desexos para conseguir XUNTOS/AS todo aquilo que nos propoñamos.

O 8M para Montse Lama  é de ENTENDER, que do pasado se aprende, e que o camiño a seguir NON É o de facer de menos ao sexo contrario ou criminalizalo, o camiño correcto é o de construír todos xuntos unha sociedade MELLOR.

Montse Lama – Deputada provincial e concelleira en Xinzo de Limia

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba