Colaboraciones

¿Que é o 8M para Noelia Rodríguez?

¿Que é o 8M para Noelia Rodríguez? Alcaldesa de Ribadavia

Oxalá non tiveramos que celebrar nin reivindicar nada o 8M.  

O 8M sempre se celebrou, recoñecemento dos pasos logrados grazas á loita diaria e silenciosa das mulleres e tamén para reivindicar que aínda resta moito para acadar esa igualdade real que buscamos entre homes e mulleres. 

É moi decepcionante que teñamos que celebrar este día e que os motivos sexan a discriminación, violencia, responsabilidades e coidados do fogar e familia (máis se cabe no rural), peores condicións de traballo, polo simple feito de ser mulleres. A violencia exercida contra a muller é o virus máis  resistente da nosa sociedade. 

Este ano marcado pola covid-19 puidemos comprobar que son as mulleres as que están na 1ª liña de batalla; enfermeiras, investigadoras, médicas, limpadoras, coidadoras…  desgraciadamente son poucas as que ocupan postos de responsabilidade e están baixo o “mando” dun xefe.

¿Que é o 8M para Noelia Rodríguez?
¿Que é o 8M para Noelia Rodríguez?

As mulleres somos necesarias en política, acadar a igualdade real neste mundo no  que existe aínda unha falsa crenza de pertencer a un “mundo de homes” só depende da aposta pola igualdade desde os partidos políticos. O obxectivo é acadar a democracia paritaria; impulsar e desenrolar a participación política das mulleres en igualdade de condicións. Debemos erradicar a discriminación e estereotipos sexistas en todos os ámbitos. Somos moi necesarias na vida social. As mulleres temos unha sensibilidade diferente e capacidade de escoita e un xeito de negociar menos pechado. 

Non debemos deixar que os logros acadados sufran retrocesos e que a igualdade de xénero pase a estar na axenda política de todos os gobernos.

 Noelia Rodríguez Travieso – alcaldesa de Ribadavia

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba