¿Que é o 8M para Zaida Rodríguez? Secretaria de Igualdade do PSdG-PSOE Ourense e concelleira en Allariz
O 8M é o punto de encontro dunha loita diaria, a luz do faro en metade da escuridade, a penúltima pedra do terreo por conquistar.
O 8M é a porta que lle abrirá o camiño as nosas meniñas para que medren sabendo que, ó mellor, pero só ó mellor, non descobren a vacina contra o cancro, poida que non estean á fronte nun consello de dirección, que non se convertan en primeiras ministras ou en presidentas do goberno; pero sí deberán medrar co firme convencemento de que terán as mesmas posibilidades de facelo que os seus compañeiros varóns.
O 8M é o latexo das que foron, das que son, e das que serán.
O 8M é Olympe de Gouges, Alexandra Kolontái, Clara Zetkin, Rosa Luxemburgo, Emmeline Pankhurst, Simone de Beauvoir.
O 8M é Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro, Clara Campoamor, María Zambrano, Margarita Salas.
O 8M é Uxía … , Nerea … , Dolors … , Ana … , Marta … , Helena … , Só nos queda coñecer os vosos apelidos.
Iso e moito mais, é o 8M.
Zaida Rodríguez Camba – Secretaria de Igualdade do PSdG-PSOE Ourense e concelleira en Allariz