Noticias

Queixumes dos Pinos recibe 20.000 euros da Deputación de Ourense

A agrupación Queixumes dos Pinos recibe 20.000 euros da Deputación de Ourense que foron aprobados na xunta de Goberno Local que tivo lugar esta mañá.

As xuntas de goberno da institución provincial teñen como unha das súas principais actividades a concesión de subvencións nominativas.

Queixumes dos Pinos recibe 20.000 euros da Deputación de Ourense

Estas axudas, concedidas de forma directa, teñen como finalidade financiar actividades de índole deportivo, cultural, social ou educativo entre outros fins. A última xunta de goberno aprobou un total de 674.518 euros en achegas económicas das que só 346.245 euros corresponden á convocatoria de axudas para clubs deportivos.

Queixumes dos Pinos recibe 20.000 euros da Deputación de Ourense
Foto: Deputación de Ourense

O resto das achegas son outorgadas de maneira directa e supoñen unha importante cantidade económica. Entre os receptores destas últimas axudas figuran a agrupación Queixumes dos Pinos con 20.000 euros para gastos de funcionamento da entidade. Tamén se aprobou unha achega de 10.000 euros para a Asociación Cultural Xingros, entidade á que se lle concederan 5.000 euros máis na xunta de goberno da semana pasada.

Listado de axudas económicas aprobadas o 12 de setembro

EntidadeCantidadeFinalidade
Concello de Calvos de Randín9.000 eurosCentro de interpretación Postas do Xurés
Castrelo de Miño8.000 eurosFesta do Maior
Cenlle17.500 eurosSenda Fluvial
Concello de Punxín31.000 eurosPlan de eficiencia enerxética
Xunqueira de Ambía30.000 eurosFuncionamento dunha vivenda compartida
Mancomunidade de municipios de Ourense50.000 eurosActividade da entidade
Queixumes dos Pinos20.000 eurosGastos de funcionamento
Asociación cultural Xingros10.000 eurosGastos de funcionamento
Escrita Creativa 186325.000 eurosBolsas residencias literarias internacionais
Agrupacións de Protección Civil7.000 eurosXornadas de convivencia
Establecementos asociados do Ribeiro10.000 eurosActividades realizadas
Federación de Libreiros de Galicia5.000 eurosFeiras do Libro
Fundación Carlos Casares26.000 eurosGastos de Funcionamento
Sarabela Teatro31.000 eurosOrganización do FITO e da MITEU
Universidade de Vigo9.000 eurosPromoción do patrimonio cultural e natural de Ourense

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba