O rural de Ourense dá un paso cara á innovación coa posta en marcha de RE-HABITA RURAL LAB, un proxecto que combina tecnoloxía e políticas de igualdade para afrontar o reto demográfico.
Os nove concellos implicados reuníronse en Boborás para iniciar os servizos.
Ourense activa un laboratorio rural con perspectiva de xénero
A iniciativa destaca pola súa perspectiva de xénero, cunha bolsa de alugueiro social dirixida prioritariamente a mulleres para favorecer o arraigo no territorio.

Ademais, desenvolverase un mapeo e xeolocalización de vivendas que permitirá identificar inmobles dispoñibles, integrados nunha plataforma con asesoramento xurídico e técnico desde abril.
O alcalde de Taboadela, Álvaro Vila, salientou a coordinación entre municipios: “Logramos que nove concellos falen un mesmo idioma tecnolóxico para dar solucións reais ao reto demográfico”. Pola súa banda, a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, destacou que “poñemos a tecnoloxía ao servizo das persoas”.
A partir da próxima semana iniciarase unha campaña de difusión para achegar o proxecto á veciñanza. Financiado polo MITECO, o obxectivo é converter estes concellos nun modelo de innovación rural.