A maioría de deputados provinciais rexeitan pedir a dimisión de Pérez Jácome como alcalde de Ourense. O pleno extraordinario da Deputación de Ourense, a petición do grupo socialista, solicitaba a «dimisión inmediata» de Pérez Jácome. Esta solicitude prodúcese despois do incidente que o rexedor ourensán tivo cunha sindicalista durante a folga dos traballadores dos autobuses urbanos. O voto en contra dos deputados do PP, DO e Montse Lama (non adscrita) foron maioría para rexeitar a iniciativa.