Noticias

Ribadavia inaugura este venres a 42ª MIT

A 42ª Mostra Internacional de Teatro (MIT) abre este venres as súas portas en Ribadavia, que volverá converterse durante nove días nun referente das artes escénicas.

Este evento conta con propostas de teatro, danza, performance e creación contemporánea chegadas de dentro e fóra de Galicia.

Ribadavia inaugura este venres a 42ª MIT

A programación desta edición aborda cuestións como a memoria democrática, os coidados, a identidade, o territorio, a música e os corpos desde unha perspectiva crítica e vinculada á realidade actual.

Ribadavia inaugura este venres a 42ª MIT

A primeira xornada comezará ás 19.00 horas na Igrexa da Madalena coa lectura performativa de O Miradoiro, de Alomais Teatro. Esta foi a obra gañadora do XX Premio Abrente. A proposta afonda na condición humana, a vulnerabilidade e a importancia de construír comunidade. Media hora despois terá lugar, no mesmo espazo, o acto oficial de inauguración da Mostra.

Ás 21.00 horas, a Praza Maior acollerá El bolero, da compañía vasca Altraste Danza. Este espectáculo utiliza o movemento para crear conexión entre intérpretes e público.

A xornada rematará ás 23.00 horas no Auditorio Rubén García do Castelo con ICTUS (anatomía de «A derradeira leición» de Castelao), a nova creación de Chévere. A obra reflexiona sobre a construción da memoria colectiva e o valor das historias que conforman a identidade común. Este é un dos principais fíos condutores da MIT 2026.

Botón volver arriba