Noticias

Ribeiro en Común convoca unha asemblea aberta para preparar 2027

Ribeiro en Común celebrará este xoves, 11 de xuño, ás 20:00 h, unha asemblea aberta na Casa da Cultura de Ribadavia coa que pretende avanzar na renovación da súa candidatura e na elaboración dun proxecto político de cara ás eleccións municipais de 2027.

Segundo explica o colectivo, o encontro servirá para aprobar un calendario de traballo para os próximos meses e continuar un proceso participativo iniciado a comezos de ano.

Ribeiro en Común convoca unha asemblea aberta para preparar 2027

A formación considera que, tras gran parte da lexislatura na oposición, é o momento de converter o traballo desenvolvido nos últimos tres anos nun programa de goberno baseado nas necesidades da veciñanza.

Ribeiro en Común convoca unha asemblea aberta para preparar 2027

Na súa comunicación, Ribeiro en Común defende a creación dunha alternativa de esquerda, plural e participativa para Ribadavia, e fai un chamamento á cidadanía para achegar propostas e formar parte do proceso de renovación.

“Queremos construír un programa útil, participativo e pegado á realidade da veciñanza”, sinalan desde o colectivo.

Botón volver arriba