Eventos

Música e teatro enchen Allariz na Semana Santa

A Semana Santa ao Vivo 2026 de Allariz aposta polas persoas e grupos que lle darán vida ás rúas do 2 ao 5 de abril, cunha programación centrada na música e o teatro familiar como grandes reclamos culturais.

A música de rúa será constante durante os catro días, con dous pases diarios e tres grupos actuando cada xornada para manter o ambiente en movemento.

Música e teatro enchen Allariz na Semana Santa

Entre os nomes confirmados destacan Amorodous, Arroxó, Erik Lepeich, Os Dous Porquinhos, SoLaSoL, Denis Carballás e Noite Son, que achegarán estilos variados e animación continua ao percorrido polas rúas de Allariz.

O público familiar tamén terá un papel protagonista na Praza de Abaixo. O venres 3 de abril, ás 17:30 h, Inma Soto presentará a súa proposta «Sinfonía de contos», mentres que o sábado, á mesma hora, será a quenda de Teatro Ghazafelhos co espectáculo «Contamos contos de lobos?», pensado para o desfrute dos máis pequenos.

Música e teatro enchen Allariz na Semana Santa

A programación complétase coa participación de diferentes axentes culturais que reforzan o carácter dinámico da iniciativa, convertendo Allariz nun punto de encontro para artistas e público durante a Semana Santa.

Botón volver arriba