Eventos

Ribadavia acolle os días 23 e 24 de maio a VI Feira Revive

A vila de Ribadavia volverá converterse nun punto de encontro arredor da sustentabilidade coa celebración da VI Feira Revive.

Esta cita, centrada na reciclaxe creativa, o consumo consciente e o respecto polo medio, terá lugar os días 23 e 24 de maio na contorna da Igrexa da Madalena.

Ribadavia acolle os días 23 e 24 de maio a VI Feira Revive

Durante dúas xornadas, esta iniciativa ofrecerá unha programación pensada para todos os públicos. Combinará obradoiros, exposicións artísticas, música en directo, charlas e actividades comunitarias. O obxectivo desta feira é promover hábitos máis sostibles e fomentar unha relación máis responsable co entorno.

A feira abrirá as súas portas ás 11:30 h de ambas xornadas. O sábado incluirá propostas como unha exposición de arte de Jaime Glez, un obradoiro de fundas para libros e a inauguración dunha biblioteca urbana. Tamén está prevista unha charla sobre o proxecto “Recycling”, actividades creativas e unha sesión musical para pechar a tarde.

Xa o domingo, Revive continuará cun encontro de debuxo e poesía, talleres de collage, charlas de sensibilización social, unha xincana e un concerto final que completará a programación.

Ribadavia acolle os días 23 e 24 de maio a VI Feira Revive
VI Feira Revive

Desde a organización destacan que Revive vai máis alá dunha feira convencional. Este evento é un espazo de encontro que busca reconectar coa terra, impulsar hábitos sostibles e poñer en valor a creatividade como ferramenta de transformación social e ambiental.

Botón volver arriba