A VIII Gala Contra o Cancro terá lugar no Auditorio de Ourense o venres, 15 de decembro, coa participación de importantes artistas.
A Asociación Contra o Cancro en Ourense será a beneficiaria da recadación que se obteña con este evento coa venta de entradas e empresas e institucións colaboradoras.
VIII Gala Contra o Cancro en Ourense
Lucía Rodríguez e Tania Veiras serán as encargadas de conducir esta gala coa que colaboran entidades como Pérez Rumbao, Abanca, Concello de Ourense, Deputación Provincial, Coren ou Grupo Cuevas.
As actuacións que os asistentes poderán ver nesta gala corresponden a artistas recoñecidas que permitirán gozar dun evento musical variado. Pili Pampín, Meigas Tribal ou Dos de Copas forman parte do programa desta gala.
Programa de actuacións da VIII Gala Contra o Cancro de Ourense
- Pili Pampín
- Sabela
- Meigas Tribal
- Sobria y Serena – Jazmin Abuín & Arantxa Treus
- Dos de Copas – Noemí Blanco & Miriam Carbonell

Venta de entradas
Os interesados en asistir a esta Gala Contra o Cancro 2023 poderán mercar as súas entradas de maneira anticipada. Cun prezo de 8€, as entradas estarán dispoñibles nos seguintes lugares:
- Estación de Servicio Mariñamansa (Avenida de Zamora, 140)
- Estación de Servicio Pérez Rumbao, S.A. (Progreso, 97)
- Café Plaza By Farruco (Pazo Nóvoa, 4)
- Asociación Española Contra o Cancro Ourense (Doutor Marañón, 21 e Despacho CHUO)
O día da gala, as entradas estarán a venta no propio auditorio cun prezo de 10€.
