Colaboraciones

Vivir en Ourense, que bonito é!

Vivir en Ourense, que bonito é! – artigo de Alba Iglesias, secretaria local de Xuventudes Socialistas en Ourense.

Ourense é unha cidade chea de historia, tranquila e pequena. Ademais da súa beleza única, é moi cómoda e acolledora para vivir. Sempre e cando non pertenzas á xeración máis preparada da historia, xeración milenial ou nativos dixitais, claro.

Alba Iglesias

A realidad actual, é que Ourense atópase no epicentro da España envellecida: A natalidade toca fondo, a tendencia é negativa e aumenta paulatinamente a brecha entre nacementos e defuncións. Emanciparse amósasenos coma un luxo para os petos sendo a provincia galega cos soldos máis baixos e desiguais entre sexos: A xente moza non podemos permitirnos comprar unha casa, e non será por ganas, pero tampouco pagar un aluguer de prezos desorbitados. A nosa cidade non parece lugar para a xuventude, máis ben a falta de oportunidades lévanos a facer a maleta. En definitiva, Ourense vai camiño de converterse nun xeriátrico porque de procrear e ter descendencia, mellor nin falamos.

Un abismo ábrese baixo os nosos pés cando non contamos nin con alternativas de lecer que non impliquen o consumo de alcohol, tóxicos ou adicións como o xogo. En Ourense está a emerxer un lecer nocturno descontrolado e cada vez menos seguro para os máis novos. En máis dunha ocasión, dende Xuventudes Socialistas de Ourense xunto co PSdG PSOE denunciamos o abandono e peche permanente do Espazo Lusquiños, lugar de esparexemento e desenvolvemento dunha vida cultural en colectivo, dentro dun espazo seguro para as mozas e mozos, espazos que escasean na nosa cidade.

Vivir en Ourense, que bonito é!

Parece o principio do fin, pero non o é. Aínda non. Estamos a tempo de reverter esta situación. Os mozos e mozas somos o futuro, e o futuro comeza hoxe. Sabemos o que queremos, non imos conformarnos, somos críticos coa situación desta cidade e estamos comprometidos con ela. Quero animar a todas as mozas e mozos de Ourense a que se sumen á loita por un futuro digno na nosa terra, que só será posible da nosa man.

Vivir en Ourense, que bonito é!

Pretendemos unha cidade equilibrada economicamente, cun alto nivel de emprego de calidade, innovación, de equipamentos sociais e rexida por políticas de preservación do medio ambiente. Pedimos que se traballe en políticas feministas, en políticas de apoio e protección ao colectivo lgtbi, para que non ocorran máis agresións homófobas, tránsfobas ou machistas na nosa cidade e queden impunes. Que se traia a semana do Orgullo ao noso Concello. Ansiamos bolsas educativas, axudas á natalidade, prezos de aluguer, vivenda e bonos transporte accesibles, traballo interxeracional e plans de emprego e mocidade. Queremos recuperar espazos para a mocidade, actividades formativas, culturais e sociais. Demandamos a Creación dun Consello Municipal dá Xuventude, onde a xente nova teña voz.

A xuventude temos a misión de ser precursores do cambio e frear a fuga de talentos. Debemos ser esperanza, rebeldía, inconformismo e valentía. Non deixedes que se apague a chama. Non abandonemos a nosa terra, loitemos por ela.

Vivir en Ourense, que bonito é! – artigo de Alba Iglesias, secretaria local de Xuventudes Socialistas en Ourense.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba