Eventos

Xan Padrón expón na Sala Valente

O fotógrafo ourensán Xan Padrón expón na Sala Valente o seu traballo «Time Lapse», unha colección de retratos de persoas de varias cidades do mundo.

Coñecer unha cidade a través das persoas que alí habitan é posible visitando a exposición «Time Lapse» na cidade de Ourense. Esta exposición chega á Sala Valente (antigo Banco de España) tras ser exposta en espazos de gran prestixio.

Xan Padrón expón na Sala Valente

O seu creador, Xan Padrón, comezou no ano 2011 a realizar este proxecto. As súas fotografías permiten coñecer o corazón de cada cidade mediante os retratos dos seus habitantes. Tras ser exposta en lugares tan importantes como a sede Da Organización das Nacións Unidas de Nova York, Londres ou Los Ángeles, «Time Lapse» tamén foi portada de varias publicacións de arte.

A exposición de Xan Padrón inaugúrase hoxe, 10 de decembro ás 20h na Sala Valente de Ourense (Rúa do Paseo). Desde a súa inauguración e ata o 23 de xaneiro, numerosos visitantes poderán gozar coa obra fotográfica deste fotógrafo ourensán.

Xan Padrón expón na Sala Valente
Foto: páxina web de Xan Padrón

Para coñecer un pouco máis de Xan Padrón, podemos visitar a súa web: Xan Padrón

Escuela de Música en Ourense

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Botón volver arriba