Xinzo de Limia presenta a próxima semana «O Legado» nun acto que rematará coa despedida da charanga XL na Praza Maior.
O mércores, 13 de abril, Xinzo de Limia terá unha festa a partir das 21h. A Asociación A Pantalla presenta unha curtametraxe na Praza Maior de Xinzo de Limia.
Xinzo presenta «O Legado» na despedida da charanga XL
Si emotiva pode ser a presentación deste traballo audiovisual, as emocións serán aínda maiores coa despedida da charanga XL. En Xinzo de Limia, a música forma parte do ADN da localidade. Unha banda de música e dúas charangas conviviron durante anos. A actividade destas agrupacións ten como epicentro a propia vila onde destaca a participación no entroido de Xinzo.
A Charanga XL pon punto e final a unha traxectoria de oito anos. Esta agrupación participou durante este tempo en numerosas festas por toda Galicia, Castela e León, Asturias e Portugal. «A Derradeira» será a última festa que animen os músicos da XL. Unha festa que servirá para recordar unha traxectoria que levou alegría e música por todos lados.
A Asociación A Pantalla, o Concello de Xinzo de Limia e a Charanga Xl farán posible unha noite para recordar. Mércores, 13 de abril de 2022, na Praza Maior de Xinzo de Limia.