Noticias

A Xunta apoia a Campaña de Nadal de Ourense Centro

A Campaña de Nadal de Ourense Centro busca incentivar o consumo nos establecementos de proximidade da cidade.

Esta iniciativa foi presentada esta mañá coa participación do delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.

A Xunta apoia a Campaña de Nadal de Ourense Centro

Durante o acto, Pardo puxo en valor o papel dos centros comerciais abertos (CCAs) e das asociacións de comerciantes na dinamización da economía e do emprego, así como na fixación de poboación no territorio.

Foto: Delegación da Xunta

O representante autonómico subliñou que estes colectivos actúan como axentes fundamentais no desenvolvemento do Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030, impulsado pola Xunta.

A campaña promovida por Ourense Centro pretende reforzar o atractivo do comercio urbano durante as datas do Nadal, fomentando as compras de proximidade e contribuíndo á actividade económica do centro da cidade nun período clave para o sector.

Botón volver arriba