Eventos

Gastronomía de Outono en Sobradelo

Unha xornada de gastronomía de Outono é a última proposta que a Asociación Cultural O Sobradelo do Tangaraño nos presenta.

Esta xornada, prevista para o sábado, 23 de novembro, contará cun obradoiro previo aberto á participación de todos os interesados.

Gastronomía de Outono en Sobradelo

O mes de novembro trae en Sobradelo (Xunqueira de Ambía) unha nova cita coa gastronomía e os produtos de tempada. Esta asociación, dinámica e revitalizante para o entorno rural no que se atopa, mostra unha cita que terá o seguinte programa:

17:30h a 19:30h – Obradoiro

  • Centros de Cabazas e cogumelos sobre madeira (material incluído, café e biscoito)
  • Prezo: Socios 5€ e non socios 10€.

20h – Cea de Produtos de Outono

  • Bolos Preñados de Boletus
  • Mini Hamburguesiñas de ovella con cebola caramelizada e queixo de cabra
  • Ovos rotos con portovelos
  • Fideua con trompetas negras
  • Requixo con mel de cantarelas
  • Filloas con mel de cantarelas
  • Bica, café e licor café
  • Viño, auga e pan
  • Prezo: socios 15€ e non socios 20€
Gastronomía de Outono en Sobradelo

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.