Eventos

Celso Emilio Ferreiro volve a Celanova coas súas obras inéditas

O 22 de novembro, Celanova volverá acoller a voz de Celso Emilio Ferreiro coa presentación de dúas obras inéditas: O Cabronario, poemas antifranquistas en castelán inéditos en España até 2024, e Pido unha patria ao mundo, unha recompilación de textos tamén descoñecidos que terá a súa estrea na vila do poeta.

O acto celebrarase ás 11.45 horas no Auditorio Municipal (AMIC) e contará coa participación da familia de Celso Emilio, do editor Xabier Romero, da xornalista e escritora María Xosé Porteiro e do Premio Nacional de Literatura, Antonio García Teijeiro, entre outras voces destacadas.

Celso Emilio Ferreiro volve a Celanova coas súas obras inéditas

Os asistentes poderán escoitar por vez primeira en Celanova algúns destes poemas de combate, escritos nun tempo no que a palabra era resistencia.

Celso Emilio Ferreiro volve a Celanova coas súas obras inéditas

A cita está organizada polo Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova dentro das Xornadas de Memoria Antifascista sobre a Transición española, que se desenvolverán os sábados 15, 22 e 29 de novembro en diferentes escenarios da vila. O obxectivo, segundo a organización, é contribuír desde a memoria e a cultura “á batalla que toca librar hoxe, coa forza e o legado de figuras como Celso Emilio, Pepe Velo, Luís Soto ou Xosé Luís Méndez Ferrín”.

Estas novas publicacións, editadas por Editorial Elvira, supoñen unha recuperación fundamental da obra máis combativa do autor de Longa noite de pedra, reafirmando a vixencia da súa palabra e o vínculo permanente entre Celso Emilio e a súa terra natal.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.