Eventos

Sobradelo celebra o Entroido dos Farrumecos o 24 de xaneiro

O Entroido dos Farrumecos regresa a Sobradelo, no concello de Xunqueira de Ambía, o vindeiro sábado 24 de xaneiro.

A organización, a cargo da AC O Sobradelo do Tangaraño, preparou unha xornada completa que recupera as tradicións máis auténticas desta localidade ourensá.

Sobradelo celebra o Entroido dos Farrumecos o 24 de xaneiro

A programación arrancará ás 12:00 horas coa esperada Estrea da Rinchona, seguida dunha saída cara a Busteliño. Durante a mañá, os participantes realizarán un percorrido pola aldea visitando as casas dos veciños, mantendo vivo o espírito comunitario desta festa.

Ás 14:00 horas terá lugar o xantar popular, onde o protagonista absoluto será o cocido de Entroido. Para participar nesta comida, os interesados deben anotarse antes do 21 de xaneiro. Os prezos estipulados son de 15 € para socios, 20 € para non socios e 10 € para crianzas. O ingreso debe realizarse antes do día 20 na conta bancaria facilitada pola organización.

A actividade retomarase ás 17:00 horas cunha nova saída por Sobradelo. Os personaxes tradicionais volverán percorrer a aldea para visitar cada fogar. A xornada culminará a partir das 20:00 horas coa entrega de premios e unha «festa rachada ata que o corpo aguante», segundo indican dende a asociación organizadora.

Publicaciones relacionadas
Sobradelo celebra o Entroido dos Farrumecos o 24 de xaneiro

Botón volver arriba