Noticias

Preocupación polo deterioro dunha pintada tras un intento de borrado

A pintada afectada por un intento de borrado por parte dun traballador da produtora Vaca Films degradouse considerabelmente tras os feitos ocorridos o venres 6 de marzo, segundo denunciou o comité encargado da súa defensa.

O colectivo explicou que denunciou o sucedido esa mesma mañá, despois de comprobar os danos e falar cun veciño que conseguiu frear o borrado.

Preocupación polo deterioro dunha pintada tras un intento de borrado

Pola tarde, o alcalde publicou nas redes sociais unha mensaxe comprometéndose a esixir “ós responsables da produtora unha urxente intervención para devolvelo o antes posible ó estado anterior a estes feitos”.

Preocupación polo deterioro dunha pintada tras un intento de borrado
Foto: Comité de Memoria da Comarca de Celanova

O luns 9 o comité solicitou por rexistro unha reunión urxente co goberno municipal para adoptar medidas de protección da pintada. Porén, unha semana despois do suceso aseguran que segue sen ningún elemento de protección e que desde o Concello remitiron a fixar a data do encontro para o luns 16.

A produtora Vaca Films púxose en contacto co colectivo e comprometeuse a emitir un comunicado explicando o sucedido. Mentres, o comité solicitou asesoramento legal e estuda presentar unha denuncia para que a Administración avalíe oficialmente os danos.

Botón volver arriba