Noticias

O Antela FC recibe o recoñecemento da Xunta polo ascenso a Terceira Federación

O Antela Fútbol Club recibiu esta mañá o recoñecemento da Xunta de Galicia polo seu recente ascenso a Terceira Federación.

Manuel Pardo, delegado territorial da Xunta en Ourense, mantivo unha recepción cos membros da directiva e xogadores do club nas dependencias da Delegación Territorial.

O Antela FC recibe o recoñecemento da Xunta polo ascenso a Terceira Federación

Durante o encontro, Pardo trasladou os seus parabéns ao equipo polo éxito deportivo acadado, destacando o esforzo, o compromiso e o traballo desenvolvido ao longo da tempada para lograr o salto de categoría.

O Antela FC recibe o recoñecemento da Xunta polo ascenso a Terceira Federación
Foto: Delegación da Xunta.

O representante autonómico aproveitou tamén a ocasión para reiterar o compromiso da Xunta de Galicia coa promoción e o impulso do fútbol galego, así como co apoio ás entidades deportivas que contribúen ao desenvolvemento do deporte de base e á dinamización social dos seus municipios.

O ascenso do Antela FC a Terceira Federación supón un fito para a entidade e para o fútbol da comarca, consolidando o seu crecemento deportivo e abrindo unha nova etapa de retos na categoría nacional.

Botón volver arriba