Os Comités de Memoria Histórica da Comarca de Celanova e o do Val do Límia denuncian o branquexamento dun falanxista coa presentación dun libro.
Desde estas dúas entidades sinalan que un libro que está previsto presentar na Fundación Curros Enríquez supón unha «operación propagandística» dunha figura do réxime franquista.
Os Comités de Memoria Histórica denuncian o branquexamento dun falanxista
A petición de ambos Comités de Memoria Histórica vai dirixida ós patronos da Fundación Curros Enríquez para que non consintan este evento.
O libro de Manuel Rivero, «Eugenio Montes, o intelectual silenciado» supón para estes comités un acto de exaltación da ideoloxía do odio e da violencia. Indican tamén que este libro é contrario á Lei de Memoria Democrática do ano 2022 que chama a «desterrar cualquier forma de exaltación de la Dictadura en el espacio público».