A Feira da Educación de Ourense pechou a súa segunda edición cun balance moi positivo ao rexistrar máis de 5.000 visitas e superar as previsións dos 55 expositores.
O evento consolídase como unha cita imprescindible para a comunidade educativa da provincia.
A Feira da Educación de Ourense supera 5.000 visitas
A alta participación de alumnado de Bacharelato e Formación Profesional permitiu coñecer unha ampla oferta académica, destacando a calidade do ensino público galego e a variedade de opcións dispoñibles dentro e fóra de Galicia. O crecemento da feira xa impulsa aos organizadores a preparar unha terceira edición.

O conselleiro Román Rodríguez, acompañado de Rosendo Fernández, visitou o salón e destacou o papel do evento como espazo para orientar o futuro académico. A área de Formación Profesional foi a máis concorrida, nun contexto no que dous de cada cinco estudantes galegos optan por esta vía formativa.

