Eventos

Semana Santa 2024 en Xunqueira de Ambía

A celebración da Semana Santa 2024 terá na parroquia de Xunqueira de Ambía un programa que esperta un amplo seguimento entre veciñanza e visitantes.

Coa Celebración penitencial deu comezo o programa de actos que desde a parroquia de Xunqueira de Ambía preparou e que rematará o domingo de resurrección.

Semana Santa 2024 en Xunqueira de Ambía

Entre estes actos atoparemos a Santa Misa da Cea do Señor, O Santo Viacrucis ou a Procesión do Santo Encontro, un dos momentos máis importantes destas datas. O concello de Xunqueira de Ambía colabora activamente na programación que se realiza durante esas datas de Semana Santa.

  • Sábado, 23 de marzo
    Celebración penitencial despois da misa das 17:30h
  • Domingo de Ramos, 24 de marzo
    Bendición de Ramos na Praza do Palacio ás 12h e procesión ata a Colexiata.
  • Xoves Santo, 28 de marzo
    Santa Misa da Cea do Señor ás 19:3h
    Hora Santa ás 22h.
  • Venres Santo, 29 de marzo
    Celebración da Paixón do Señor ás 19:30h. A continuación, Desencravo do Santo Cristo e Procesión do Santo Enterro.
    Procesión dos Caladiños ás 23h.
  • Sábado Santo, 30 de marzo
    Santo Viacrucis ás 12h.
  • Domingo de Resurrección, 31 de marzo
    Procesión do Santo Encontro, traslado da imaxe de San Pedro Mártir e Santa Misa de Pascua ás 12h.
Semana Santa 2024 en Xunqueira de Ambía

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.