Colaboraciones

VIVA A FESTA DA ISTORIA!!

Artigo escrito pola Coordinadora da Festa da Istoria 2022.

Trala incerteza dos últimos anos, a Coordinadora da Festa da Istoria e despois de pensalo moito e calibrar a súa responsabilidade chega a conclusión de que tiñamos a obriga de volver a realizar a nosa Festa.

Coidamos que Ribadavia, os ribadavienses toda a xente que nos visita ano tras ano merecía que nos arriscáramos.

O evento trala pandemia

Despois do formato reducido no ano pasado onde se recrea unha Festa da Istoria dentro do Castelo dos Sarmiento, con unha numerosa acollida non podíamos defraudar este ano, volvendo ao formato orixinal en todo o pobo na súa plenitude.

VIVA A FESTA DA ISTORIA!!
Cascos medievais durante o evento do ano 2022

Ribadavia recobra o seu espírito medieval axudada por engalanamento nas súas rúas, prazas e monumentos e unha vez máis conseguimos que o medievo con todo o seu esplendor volvese as rúas, prazas e monumentos da nosa vila.

Así mesmos recupéranse todas as actividades (Desfile, Xadrez Vivinte, Torneo Medieval, Cetrería, Baile Medieval, Voda Xudía, Música Medieval, Xantar Medieval, Carreira de Pipotes….) e incluso incorporando algunha actividade nova como un Scape Room..

Recreación realizada durante a edición de 2022

Superamos as nosas expectativas grazas a participación dos voluntarios, visitantes e persoal oficial que reiteramos unha vez máis que sen eles no sería posible realizar estra grandiosa Festa da Istoria.

Unha gran festa que recobra a normalidade

A Festa transcorreu en moi bo ambiente, alegre e sen conflitos. A xente demostrou unha vez máis estar a altura dunha Festa que sendo multitudinaria, tivo moita responsabilidade e civismo.

Esperamos ir acadando pouco a pouco a normalidade e para o vindeiro ano seguir mellorando e facendo que o noso amor pola Festa da Istoria contribuía a que esta siga sendo unha das maiores Festas Medievais de España.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba