A pintada histórica das Mocidades na fachada do Mosteiro de Celanova sufriu danos este venres durante unha rodaxe audiovisual vinculada, ao parecer, a unha serie para Netflix que se grava estes días na vila.
Segundo testemuñas, membros do equipo de rodaxe comezaron arredor das 08:00h a borrar parte da inscrición cun pano e un líquido de limpeza.
Denuncian danos na pintada histórica das Mocidades en Celanova
Ao considerar que lles molestaba como fondo dunha escena. A actuación afectou especialmente á palabra “SEMANARIO”.

Un veciño da Praza Maior alertou do sucedido ao decatarse da limpeza e logrou que se detivese tras reclamar a presenza dos responsables da rodaxe.
O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova lamentou os feitos e recordou que leva anos reclamando protección para esta pintada, realizada hai 93 anos por membros das Mocidades, entre eles Pepe Velo e Celso Emilio Ferreiro, como anuncio do xornal “ADIANTE SEMANARIO”.
O colectivo reclama agora unha actuación do Concello de Celanova e da Xunta de Galicia para denunciar o sucedido e garantir a restauración da pintada ao seu estado orixinal.

